venres, 16 de maio de 2014

O DOUTOR ÁNGEL CARRACEDO

Despois da experiencia do pasado martes, 13 de maio, un ten á percepción de ter asistido a un deses momentos da vida que son auténticas revelacións, non divinas, senón plenamento humanas. O doutor Ángel Carracedo é un home sinxelo, próximo e tenro que, sen artificio algún, transmite ao interlocutor unha sensación de sabedoría infinita que procede de algo tan simple como esencial: a ilusión e o traballo de moitos anos del e dun amplo equipo de máis de 100 investigadores que xestiona cun gran esforzo, a base de multiplicarse por todo o mundo para conseguir financialo. Este equipo desenvolve unha actividade investigadora de primeiro nivel internacional sobre xenética e xenómica, con resultados tan importantes para a humanidade, que non se entende como non está máis potenciada desde os poderes públicos. Unha ilusión que transmite a raudales e que se manifesta en xestos como o que se pode apreciar no video cando, para explicarnos como ver o ADN, decide sacar o xersei dicindo "vou sacar esto que... como lle boto emoción, sudo".  Por esto é tan crible, tan de verdade e tan admirable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario